|
O río Miño ao seu paso por Ourense |
Ourense é a cidade capital da provincia de Ourense (Galicia).
No ano2010 tiña casi 109 mil habitantes.
Está situada no surleste de Galicia.
A orixe da cidade é romana.
A xente traballa sobre todo en traballos de servizos.
|
A estación do Empalme |
O tren é moi importante, o máis importante de Galicia xa que todos os trens que entran en saen de Galicia pasan pola estación do Empalme.
A cidade está cruzada polo río Miño e ten moitas pontes: A Ponte Vella ou Romana, A Ponte do Milenio, Ponte Nova, Viaduto (para o tren)...
|
Termas da Chavasqueira |
Son moi coñecidas as súas fontes de augas termais: A Chavasqueira, TinteirO, Burga do Muíño, Outaríz, As Burgas.
|
A festa dos Maios é unha festa típica de >Ourense |
Unha festa típica da cidade é a festa dos Maios, para celebrar a primavera. Tamén festexamos o Magosto e o Entroido.
Lara
UN POUCO DE HISTORIA
|
A Ponte Vella |
Ourense é a terceira cidade galega, trás Vigo e a Coruña con 108.673 habitantes.
Está
situada no surleste de Galicia e está atravesada polo río MIño. A orixe
da cidade é romana e aínda que non hai acordo, supónse que o seu
topónimo débese a que foi bautizada polos romanos, posiblemente coma a
cidade "Do Ouro" (Auriense) pola súa enorme abondancia deste metal, o
que a converteu nun lugar importante da provincia romana Hispania, ata
que se esgotaron as reservas do preciado metal dourado que daquela
podíase encontrar no curso do río Miño.
|
A praza Maior |
Outros pobos que pasaron
pola historia de Ourense son os Celtas que fixeron castros, os romanos,
dos que xa falamos e nos deixaron a ponte romana, chamada hoxe a Ponte
Vella e os suevos que fixeron a primeira eirexa católica, A eirexa de
San Martín que é o patrono da nosa cidade.
Carmela